tamén hoxe beleza e realidade serán dous conceptos incompatibles,
presente e pasado sucederán ao mesmo tempo, pero non neste tempo, senón naquel, sempre inaccesible e estrelándose contra un horizonte de negrura indefinida.
calo: e todo cala ao meu redor, devoro as últimas ganas de decidir, de actuar fóra dos límites do meu entendemento, da miña sensibilidade.
caras de tristura, caras de envexa, caras de odio e amor e desexo e insatisfacción e medo e pánico e desesperación e navallas contra o mencer, espadas contra o solpor. MIRAN-ME
se a vida son coleccións de cousas e de seres que imos recollendo do chan, das pólas das árbores, dos camiños, dos sumidoiros, dos bares, dos colexios, dos espellos máxicos... daquela, eu
quero unha vida que non me mire dende o outro lado, sempre enfadada e feliz ao mesmo tempo, sempre acomodada na sala de espera das anti--poetas, das anti-filósofas,
esperando a que lle abran a porta diante dunha parede na que non hai porta.
sí, dirá ela, pero a argumentación ten un punto feble.
Como restaurar a temporalidade?
Como facer que a dimensión da non-vida, da non-existencia, da non-comunicación, da non-linguaxe, sexa compatible co momento no que realmente sí que había unha porta (ou o que é o mesmo: vida, existencia, comunicación, linguaxe ?
como sobrevivir nun presente que habita o pasado, que rexeita o futuro,
que non se pode querer a sí mesmo?

0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home